domingo, 13 de septiembre de 2009

A catro días de París


Despois de varios días presionada polos exames de setembro nos que baraxaba a posiblidade de crear un espazo sobre as miñas vivencias en París, finalmente decidín crear un blog, en principio, en galego pois é a miña lingua nai e nuns días unicamente poderei expresarme nela neste blog.


Neste espazo irei publicando o día a día pola cidade da luz e do amor e informarei de tódolos acontecementos importantes que teñan ou vaian ter lugar. Tamén falarei das viaxes realizadas polo territorio francés e europeo. Ademais, incorporarei ó espazo canquera das suxerencias que me fagades


A falta de 4 días para partir para París, entre agobios e morriña sen ter marchado, a sensación predominate son as ganas de coñecer París, dende onde publicarei a seguinte entrada do blog.


Pois non teño moito máis que contar. Vémonos en París!